... para que veñan a contarnos un conto! Quen se anima?

19/02/2018
Que pasou no entroido?
As pasadas semanas celebramos o entroido e convertímonos en protagonistas de contos clásicos. A nosa biblioteca foi cambiando ata ser un libro xigante, mirade!
Ademais, xa descubrimos quen estaba detrás do puzzle misterioso: Sabela de 2º
Quen estará ahora?
Novas
Queredes descubrir que palabras hai escondidas nestas burbullas?
O único que tedes que facer é subir as escaleiras pola dereita e baixar pola esquerda.
Así que recordade, subimos polo amarelo e baixamos polo azul!
Parabéns Merlín!
O luns pasado, o 5 de febreiro, celebramos o aniversario de Merlín, a nosa mascota da biblioteca.
Foi moi divertido porque cantamos o parabéns, soplamos a vela e fixemos un xogo!
Por moitos anos máis Merlín!
15/02/2018
Ainda que faga frio...
... nós queremos xeados!! ¿Queres probar ti un?
O único que tes que facer é pasarte pola biblio e ó coller un xeado... descubrirás un título dun conto para ler e saborear! que rico!
24/01/2018
Primeiro contacontos do ano
Hoxe tivemos a sorte de contar coa nai de Carlota (5 anos) e de Brais (4º de Primaria) que veu ó cole a contarnos un conto realmente divertido!
Resulta que á vez que iamos escoitando o conto, tiñamos que movernos coma se fósemos os personaxes do mesmo. Camiñabamos en busca dun oso para cazalo, encontrándonos polo camiño con moitos obstáculos (un bosque, unha lameira, herba...) ata que ó final, no momento de cazar o oso... escapamos a correr mortos de medo!!
Ó rematar, démoslle un gran aplauso á nai de Carlota e Brais porque o fixo realmente ben! Esperamos que volva pronto a contarnos contos tan divertidos como o de hoxe!
Unha volta chea de sorpresas!
Moi boas a todas e a todos os mouchiños lectores!
Voltamos das vacacións de Nadal cheos de enerxía e ganas de ler moito!
Atendede ás novas:
Os nosos nenos xa resolveron o misterio de quen se ocultaba detrás dos anacos de fotografía que aparecían nas mochilas viaxeiras... incluso antes de completalo todo!
Tratábase de Sabela, unha nena de 2º de Primaria
E se vos fixades un pouco... non vedes algo distinto na porta?
E que resulta que estamos a preparar unha cousa moi especial para o entroido. Unha pista: Mouchiño está moi contento este ano porque ten que ver cos libros e cos contos...
"Contos? Fábrica de contos? Érase unha vez?"
De que irá todo isto?
Subscrever:
Mensagens (Atom)