19/03/2018

Biblionatureza

Temos un novo recuncho na biblioteca! É un recuncho natural onde sentarse a ler tranquilamente... Vide probalo!


07/03/2018

Urxente! Hai un médico na sala?

Os nosos contos estaban sufrindo enfermidades varias de tanto traballar na biblioteca (febles altas, gripes, mocos, escordaduras...), por esa razón, incorporamos o recuncho do Médico de Contos! 

É importante que esteas atento. Se encontras un conto enfermo ou a piques de estalo, lévao correndo ó posto médico da biblio! Igual precisa unha operación urxente!


E para os máis pequenos...

A pasada semana os nosos encargados organizaron unhas actividades na biblioteca para os máis pequenos da escola. Fixeron contacontos e debuxos sobre os contos que leran. 
Que ben o pasaron!