29/05/2010

Asesinato no Madame Úrsula

Aldara e Victoria explícannos como chega un novo caso a axencia de detectives Dobre A. Non sempre as vacacións son tan tranquilas como as planeamos, pero si que resultan sempre interesantes.

26/05/2010

A lenda do lago

Sabedes porque existen os humanos?. Así comeza esta inquietante historia na que Clara, Ana e Aida nos conta a súa particular visión de como os humanos temos moito que ver con todos os animais que coñecemos.

16/05/2010

Día das letras


Como todos os anos, o día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Escolleuse este día por ser nel no que se editou por primeira vez o libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Cada ano a Real Academia Galega designa a un autor ou autora que escribiu na nosa lingua. Este ano adícaselle ao poeta do Caurel Uxío Novoneyra. Si queres saber algo máis del pica nas ligazóns que tes ao lado.

13/05/2010

Exposición de libros


Durante estas dúas semanas o corredor diante da biblioteca encheuse de libros un pouco usados. Todos coñecemos a "Kika Superbruxa" a "Harry Potter" ou a "Tento" pero eles non estaban, no seu lugar tiñamos a "Los cinco", "El capitán trueno", "Mortadelo y Filemón" e moitos máis títulos cos que pasaban o seu tempo os vosos pais e avós cando tiñan a vosa idade. Tamén había libros de texto, que distintos aos de agora!, podías aprender a ler nunha semana!. Houbo moitas cousas que vos chamaron a atención, polo distintos que son cos que se usan agora. Acariñade os vosos para que nun futuro poidan gozar deles outros nenos e nenas próximos a vós.

A vida dunha nena que quería soñar baixo a lúa

Neste pequeno relato Rita acordase dunha nena que ten unha deficiencia física, o que lle dificulta facer algunha actividade como aos demais nenos. Coa axuda da súa familia, conseguira o que tanto ansía?.

12/05/2010

As aventuras dos tres irmáns piratas

Sandra, Xulián e Coral faláronnos de tres irmáns aos que un pirata desalmado deixara sen pai. Tiveron que esperar ata que cumpriron os dezaoito anos para poder vingar a súa morte. Comezaron unha serie da aventuras na que se enfrontan a Barba Negra e aos seus secuaces pero finalmente saen vitoriosos.