20/12/2016

TI MÁIS EU


 Através deste conto os nenos recordaron o especiais que son as súas diferencias pero que a todos lles une o cariño e querer ter amigos.





18/12/2016

TEMPO DE ACIVROS TEMPO DE LIBROS

Coa chegada do Nadal, chega o tempo dos agasallos, que mellor  que un conto!!!  Aquí vos deixamos unha pequena mostra das novidades deste ano!!!!



13/12/2016

TRÍPTICO DE NADAL



        O venres 16 de decembro ás 19 horas, levaremos a cabo a presentación do Tríptico de Nadal, na que os usuarios das distintas bibliotecas do concello de Rianxo, como ven sendo tradición, farán unha pequena mostras das novidades deste ano asemade unha homenaxe a Agustín Fernández Paz.













21/11/2016

CHOCOLATA



Tamara e Virginia dramatizaron o conto de chocolata. Disfrutamos un montón coas aventuras deste  hipopótamo tan peculiar!!!

26/10/2016

SAMAIN


Coa chegada do Samaín, Jack veunos contar contos de medo. Para recordalo fixemos estes  marcapáxinas tan divertidos!!

25/10/2016

PESADELO ANTES DE NADAL

Os nenos de sexto adaptaron o conto "Pesadilla antes de navidad". Através do kamishivai acercáronnos esta historia de medo para pecibir o espíritu do Samaín.

18/09/2016

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Este verán faleceu Agustín Fernández Paz, unha gran perda para @s amantes da cultura e a literatura. Seguirá, como ata agora, sendo un autor imprescindible no noso colexio, na nosa biblioteca, na reflexión sobre a lingua, a literatura, o ensino... Por iso neste primeiro trimestre adicarémolo a traballar nas aulas algúns dos seus libros.

24/07/2016

FEIRA DO LIBRO DE RIANXO

Así de chula quedou a caseta da bibliotecas escolares e a municipal. Este é o vídeo que elaboramos as bibliotecas dos colexios de Infantil e Primaria e a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo para a Feira do Libro 2016. Coma vimos facendo nestes últimos anos, quixemos compartir unha pequena mostra do noso traballo a prol da lectura e a cultura ao longo do curso.

29/06/2016

GRAZAS BIBLIOTECARIOS

Non podiamos rematar o curso sen darlle as grazas ao alumnado de quinto e sexto que, ao longo do curso, se presentaron voluntarios  para traballar na biblioteca. Fixeron un magnífico traballo de bibliotecarios e por iso lle quixemos facer un agasallo...MOITAS GRAZAS!

CONTACONTOS XUÑO

Ao longo do curso, diversos mestres e mestras foron contando contos na bilbioteca. Este mes, e para dar por finalizada a actividade, os encargados de divertirnos cunha gran historia foron Santi e Pablo, recibindo unha pequena axuda de Jose. Representaron un anaquiño da obra do Quixote. Como nos rimos...
Ver todas

KAMISHIBAI FIN DE CURSO

Para rematar o curso nada mellor que un conto creado por todos os nenos e nenas de todo o colexio. Se recordades, pola semana do libro cada aula elaborou unha lámina do conto "A cousa que máis doe do mundo" para crear unha nova historia de kamishibai. Os encargados de representalo foron algúns alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria.
Ver todas

16/06/2016

LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das Letras Galegas, dende o cole preparamos unha exposición para rendir homenaxe a Manuel María. Expuxéronse diversas obras do autor, así como os debuxos de cada unha das aulas ilustrando algúns dos poemas de "Soños na Gaiola".

26/05/2016

SEMANA DO LIBRO

Para celebrar a semana do libro, todos os nenos e nenas do cole narraron uns contos dun xeito novo e especial: a través dun kamishibai. Kamishibai en xaponés quere dicir "teatro de papel", é unha forma moi popular de contar os contos en Xapón que está formado por un conxunto de láminas que ten debuxo nunha cara e texto na outra. Así a lectura do kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre un soporte, que é un teatrillo de tres portas. Nas fotos poderedes ver o ben que o pasamos contando contos ao estilo xaponés.

18/04/2016

PERDIDO?

Que farías se atopas un pingüín na porta da túa casa?
Este é o argumento da historia que nos contaron, dun xeito moi divertido, as profes Silvia e Rebeca, este mes, na biblioteca.
Agora xa sabedes o que un neno fixo ao topar cun pingüín... Nunca sabemos onde pode aparecer un bo amigo!

17/03/2016

TÍO LOBO

Chegou Febreiro e, con el, o frío e un personaxe moi malvado á nosa biblioteca. Sabedes de quen falamos? O mesmiño Tío Lobo que veu papar a unha nena moi larpeira e mentireira... Que ben o pasamos cos profes de 3º e 4º!!!

03/03/2016

CONTACONTOS 4º DE PRIMARIA

Hai unhas semanas os nenos e nenas de infantil recibiron na súa aula a visita doutros alumnos do centro... Sí, sí, o que ledes! Algúns nen@s de 4º de primaria foron ás aulas de infantil a contar uns contiños, pero non uns contos calquera, non, non...contos que eles mesmos crearon!! Os máis pequenos pasaron un rato moi divertido...

25/01/2016

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

Desta vez foron as mestras de infantil as encargadas de representarnos o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Presentáronnos aos animais do conto cuns orixinais antefaces... canto rimos!!

ANTÓN E O APALPADOR

No mes de decembro comezaron os contacontos na biblioteca do cole, e non volo perdades... os mestres e mestras do cole amósannos mil e unha aventuras con estes contacontos. 
Nesta ocasión foron Eva e Irene as que nos presentaron o conto de "Antón e o apalpador" acompañándoo de música.

20/01/2016

TEMPO DE ACIVROS TEMPO DE LIBROS

As semanas previas o Nadal, puidemos ver na entrada do colexio unha exposición de distintas novidades de libros. Puidemos tamén animarnos a dar o noso voto ao libro que máis nos gustase!! Tivemos uns recreos moi entretidos...