17/12/2018

O enigma está sendo descuberto!


 Ao longo deste trimestre, as nenas e nenos que levaban a mochila viaxeira para as súas casas, tiñan a función de atopar varias palabras ou sílabas agochadas para despois nas aulas, entre todos, formar palabras e unha oración para entregarlle a Merlín.
Durante estes días, o enigma xa está sendo descuberto! 




 Parabéns e a xogar un ratiño máis!

10/12/2018

Tempo de acivros, tempo de libros!


  Neste Nadal un libro podes agasallar, e aquí pódelos ollar para antes disfrutar!


 Agora que se achega o Nadal é un bo momento para recordar que un dos mellores agasallos, é un libro. Por iso, aquí vos deixamos algunhas recomendacións de lecturas para agasallar aos teus seres queridos!



MUSICAL PARA OS MÁIS CATIVOS
Resultado de imagen de A FIESTRA DOS SOÑOS 


PRIMEIROS LECTORES



LECTORES AUTÓNOMOS









ADULTOS






Recorda! Só un libro consigue meter dentro do calcetín de agasallos a todo o sistema solar!



03/12/2018

Convertímonos en detectives!


                Quen puido roubarlle a casa a Álex mentres saía a tomar un café?



                    Como pode cruzar o río o granxeiro sen que afunda a barca co peso?




                          Quen queimaría os boletíns de notas da profesora?
 



  Estes son algúns dos enigmas que tódalas semanas nos deixa Mouchiño no buzón das nosas aulas para que entre todos consigamos resolvelos! Son moi divertidos e temos que empregar a lóxica e a nosa imaxinación para buscar a solución!


Continúan os Contacontos!


  Continúan os Contacontos no noso cole!



Calquera sitio é bo lugar para disfrutar dunha boa lectura en boa compañía!

23/11/2018

Comezan os tempos de Contacontos!


  Xa comezaron os Contacontos! Este ano máis íntimos e máis continuos. De forma semanal xúntanse nenas e nenos de diferentes idades para compartir esta paixón e viaxar xunt@s!






16/11/2018

Recomendacións de lecturas


  Ola de novo! Unha das novidades deste mes de novembro e que non puxemos no post anterior, é que a partir de agora imos recomendar varias lecturas de distintos niveis tódolos meses. Comezamos con estas 👇


1º ciclo Educación Primaria





2º ciclo Educación Primaria




3º ciclo Educación Primaria

Estas son as nosas recomendacións deste mes de novembro. Esperamos que vos animades a lelas e que as disfrutedes. O próximo mes máis!!

09/11/2018

Novidades en novembro!


  Este mes de novembro temos varias novidades na nosa biblioteca!

  Por unha banda, comezamos a agasallar aos nosos lectores e lectoras máis fieis, cun unicornio ou unha sandía que deberán ir acumulando para posteriormente intercambialos por agasallos como contos dos bolechas, estoxos...


  
 Tamén comezamos a decorar a porta da nosa biblio conmemorando a personaxes célebres da nosa contorna. Está quedando chulísima!!


  E por último, lembrarvos que como cada mes chega á nosa biblioteca "O Papagaio", cos temas de interese máis importantes!


Isto é todo...de momento!

05/11/2018

A lenda do Pozo Bastón

  Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, cóntase a seguinte lenda:

  Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño, o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así:
—No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o que me pedises.
Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que llles falte farangullo ningún.
Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun deles.
O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De contado víu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita como a primeira.
Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e víu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga.
E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa fervenza que se chama Pozo Bastón. 






  Esta é a lenda sobre o Pozo Bastón que interpretaron o pasado venres os alumnos de 3º pola celebración do Samaín. Fixérono xenial!!


23/10/2018

Preparándonos para o Samaín!


   Como xa queda pouco para o Samaín, no noso cole comezamos a semana pasada coas primeiras lecturas terroríficas e talleres de marcapáxinas e maquillaxe.
                                                   






 

  Os marcapáxinas quedan chulísimos! 

  




Estamos desexando que chegue o próximo 31 de outubro para pasalo de medo!

05/10/2018

Comeza un novo curso!



   Comezou un novo curso e con el a biblio abriu as súas portas o pasado 1 de outubro sendo moi ben acollida.

                     



  Este ano, as nenas e nenos do cole dan un novo paso e recomendan libros que lles gustaron aos seus compañeiros e compañeiras.




 Ademais contamos cunha novidade! Un novo recuncho de lectura con moito encanto!! :)





26/06/2018

Libro viaxeiro!

O longo deste curso as alumnas e alumnos do cole levaron a cabo un libro viaxeiro, onde puideron deixar viaxar a súa imaxinación e por aula foron creando as diferentes partes deste gran conto.




 Nunca souberon como remataría ata o último día de cole que todos o puideron escoitar!

15/06/2018

Novidades na nosa biblio!

Esta semana, a pesar de que xa está rematando o curso, as nosas encargadas están organizando recunchos por xénero do máis solicitado.




 Son unhas rapazas ben traballadoras! Ademais, a partir de agora xa temos un cuño moi molón para a biblio!

              

06/06/2018

FACEMOS MARCAPÁXINAS!!

Ao longo desta semana os encargados da biblioteca están facendo un taller de marcapáxinas durante o recreo para todas aquelas alumnas e alumnos que queiran participar.





                  Empregamos diferentes materiais e quedan moi chulos!!

31/05/2018

Outra de Contacontos!


  Fai uns días houbo outra sesión de Contacontos na nosa biblioteca, desta vez creada polos alumn@s que colaboran nela. Fixérono moi ben, elaborando el@s mesm@s os disfraces.



          
                Ao rematar démoslle un gran aplauso porque foi moi divertido!