24/01/2018

Primeiro contacontos do ano

Hoxe tivemos a sorte de contar coa nai de Carlota (5 anos) e de Brais (4º de Primaria) que veu ó cole a contarnos un conto realmente divertido! 

Resulta que á vez que iamos escoitando o conto, tiñamos que movernos coma se fósemos os personaxes do mesmo.  Camiñabamos en busca dun oso para cazalo, encontrándonos polo camiño con moitos obstáculos (un bosque, unha lameira, herba...) ata que ó final, no momento de cazar o oso... escapamos a correr mortos de medo!!



Ó rematar, démoslle un gran aplauso á nai de Carlota e Brais porque o fixo realmente ben! Esperamos que volva pronto a contarnos contos tan divertidos como o de hoxe!

Unha volta chea de sorpresas!

Moi boas a todas e a todos os mouchiños lectores!

Voltamos das vacacións de Nadal cheos de enerxía e ganas de ler moito! 
Atendede ás novas:

Os nosos nenos xa resolveron o misterio de quen se ocultaba detrás dos anacos de fotografía que aparecían nas mochilas viaxeiras... incluso antes de completalo todo!


Tratábase de Sabela, unha nena de 2º de Primaria


E se vos fixades un pouco... non vedes algo distinto na porta?
E que resulta que estamos a preparar unha cousa moi especial para o entroido. Unha pista: Mouchiño está moi contento este ano porque ten que ver cos libros e cos contos...

"Contos? Fábrica de contos? Érase unha vez?" 
De que irá todo isto?