20/12/2017

Contacontos da nai de.....

A semana pasada no cole apareceu esta nova...




... e o luns recibimos á super nai de Cibrán (6º de Educación Infantil), que veu ó cole a contarnos un conto moi divertido! 


                                                       "Brancaneves e os 77 ananiños"

Vaia cara tiñan os ananinños que deixaban a Brancaneves con todas as tarefas da casa!



Os nenos estiveron moi atentos e pasárono xenial! 
Moitas gracias á nai de Cibrán!

Un puzzle por facer...



Nas mochilas viaxeiras vai un anaco dun retrato de alguén do cole... ¿Quen será? 

Animádevos a colocar a vosa peza do puzzle e a descubrilo!





13/12/2017

Mércores de obradoiros

Como sabedes, agora todos os mércores no tempo de recreo, o equipo de biblioteca prepara obradoiros para todos os nenos que queiran asistir!

Como o nadal estará aquí en nada, no obradoiro de hoxe os nenos fixeron adornos e copos de neve con papel! Mirade que bonito quedou:


08/12/2017

Novas


Estamos a colocar un espazo fóra da biblioteca para a lectura. Agora, podedes encontrar dous bancos de palés onde sentarvos no recreo a ler:



Ademais, alí ao lado está a colección de libros novos da biblioteca! Vide botar un ollo porque hai contos xeniais!


Concurso de contos

 Como sabedes, estas últimas semanas fixemos un concurso de contos no cole. Os contos dos participantes foron expostos na porta da biblioteca, como podedes ver aquí



Pois ben, este martes os encargados estiveron reunidos a porta pechada decidindo os tres mellores contos e preparando os premios para cada un deles! Moi atentos porque en breve anunciaremos por aquí aos gañadores...

Primeira semana na escola de vacas...

A semana pasada os nosos encargados fixeron un contacontos continuación de "A vaca que puxo un ovo", onde nos representaron as aventuras que vive a graciosa galiña, nada dun ovo posto pola señora vaca, nos primeiros días de escola.


Os encargados fixérono de marabilla! Fixérono tan ben que reciberon un aplauso enorme de todos os nenos e profes!






Obradoiro de manualidades!

Moi boas! Estas semanas os encargados da biblioteca dedicaron algún tempo do recreo a facer un obradoiro de reis magos! Mirade que ben o pasaron todos!




 Por outra banda, os encargados están preparando unha sorpresa.... que será?

22/11/2017

Martes de contacontos

Onte no primeiro recreo a nai de Lía (6º de Infantil) e de Adam (6º de Primaria) contounos un conto moi divertido!
Os nenos estaban atentos e tan metidos na historia, que nin se deron conta de que lles quitamos unha foto!



16/11/2017

Novas!

Extra extra! Contos novos e fresquiños na biblioteca! Achegádevos a collelos:



Ademais se vides, poderedes encontrarvos con outra sorpresa:


O BOTE DOS DESEXOS! 
Escribe o teu desexo no libro máxico, sacude o bote tres veces e "deixa que a maxia ocurra".

Un contacontos moi moi especial!

O luns tivemos a sorte de ter ao pai de Lucía (1º) e Sofía (2º) como o noso contacontos oficial! Contounos o conto: "Ovos verdes con xamón" (Dr.Seuss):



                   O conto fixo moita gracia entre os nenos, que coreaban coma o protagonista: 
                                           Non me gustan nada os ovos verdes con xamón!


Mirade! Mirade! Que atentos estaban todos!



Como conclusión final...



13/11/2017

Mércores de contacontos

Este pasado mércores tivemos a sorte de poder ver o contacontos: A vaca que puxo un ovo. A verdade é que os nosos contadores de contos fixérono moi ben. Como podedes comprobar nas fotografías, vestíronse para a ocasión, dramatizando o conto con moito humor:




Por outra banda, informarvos e invitarvos a que vexades o bonita que está a nosa biblitoeca con temática do outono!



Novas de outono...

Moi atentos nenos e nenas, pois tedes unha misión! 
É algo importantísimo que non podemos deixar pasar, pois uns sospeitosos escaparon da biblioteca cun obxectivo moi claro... Temos que encontralos!

Unha pista, visten así: 



Son moi perigosos! Sabedes por que? Porque van polo recreo buscando xente para... contar un conto!
Poden estar en calquera esquina, en calquera lugar... Temos que estar cos ollos ben abertos para encontralos e escoitar todo o que nos queren contar!

03/11/2017

Novos encargados!

Notición! Aínda que nos da moita pena despedirnos dos antigos encargados que o fixeron de marabilla, temos que presentar os nosos novos encargados de biblioteca durante os próximos dous meses!

Kevin

Carlota

Julián

Xiana


Ademais, O moucho da biblioteca custodia un cartel orientativo para axudar ós nenos a buscar de forma autónoma todos os libros que queiran!



Chegou o Samaín!

Moi boas! Este martes na escola tivemos unha gran celebración do Samaín cunha chea de actividades!

A mañá comezou cun conto de sombras, sobre a historia do Samaín, realizado pola clase de 3º de Primaria. Nela, contábannos como os celtas celebraban o aninovo a noite do 31 de outubro. Esa noite, as ánimas visitaban o mundo dos vivos, polo que os celtas colocaban cabazas iluminadas ao redor das súas casas para escorrentar ós malos espíritos. Mirade que ben saiu!


0s nosos artistas ó rematar a obra

Despois, comezaron os obradoiros a cargo dos mestres da escola: estampación de imaxes, visionado de curtametraxes relacionadas co Samaín, obradoiro de maquillaxe, taller de xogos e obradoiro de baile.
Deixamos unha pequena mostra do obradoiro de baile dos nenos de 5º e 6º:



Ao rematar os obradoiros todos tiñamos moita fame, polo que merendamos os riquísimos postres que prepararon os nenos coa axuda dos seus pais. Estaban todos boísimos!

A seguinte actividade programada foi na biblioteca do centro. Alí recitamos o conxuro da queimada para escorrentar ós espíritos. Fixémolo todos xuntos coa axuda dun portavoz de cada clase:


Ao saír da biblioteca, a mestra de música estaba agardando con todos os intrumentos preparados para un pequeno recital. Os nenos cantaron e tocaron tres cancións. Aquí abaixo podedes ver unha delas:




E por último, fixemos a tradicional busca da cabaza polo patio do centro. Estes foron os cinco afortunados que as atoparon:




Na sesión da tarde, colocamos todas as cabazas feitas polos nenos no muro da escola, semellando á tradición dos celtas. Tamén recibimos a visita dun grupo de teatro que fixo unha obra relacionada co Samaín. Ó rematar, merendamos os postres que quedaban e acendimos as cabazas mentres a noite chegaba... foi un día TERRORÍFICO!!










24/10/2017

Día das Bibliotecas Escolares

 Hoxe conmemoramos o día das Bibliotecas Escolares cunha actividade moi especial. 

Tendo en conta todo o acontecido en Galicia nas últimas semanas, os nosos alumnos tomaron conciencia da realidade na que vivimos a través do contacontos: Lume. 




O contacontos tivo moito éxito, como podedes ver:



Ademais, aproveitando o día de hoxe, temos unha nova moi interesante que contarvos.

Para un maior acercamento á comunidade educativa, os nosos alumnos e mestres non son os únicos en poder realizar contacontos. Agora tamén poden ser todos os pais que queiran participar! Para iso, encontraredes unha táboa onde apuntarvos e mirar dispoñibildade horaria.


Temos unha colección sobre o Samaín moi interesante esperando por vos para ser contada!


E para rematar, unha mensaxe dos nosos encargados de biblioteca:

19/10/2017

Onte na biblioteca...

Onte foi a reunión lectora na biblioteca. Os nenos foron a ler contos adaptados ás súas idades. Como veredes agora, están todos moi concentrados lendo.

A ver quen se encontra nas fotos!