17/12/2014

NOVIDADES LITERARIAS

Un ano máis achegámonos ao auditorio para presentar unhas recomendacións de lectura para agallasar nestas datas. Para iso cada cole do concello xunto coa biblioteca municipal prepara unha pequena actuación facendo alusión a un libro. Deixamos unha pequena mostra.

15/12/2014

TRÍPTICO DE NADAL.

Aquí vos deixamos o tríptico de lecturas recomendadas que elaboramos as bibliotecas escolares para este nadal. Agardamos que agasalledes libros nestas datas.

10/12/2014

TEMPO DE ACIVROS TEMPO DE LIBROS


Chega o nadal e con el o tempo de lecer e de ler. Para iso todas as bibliotecas de Rianxo, tanto escolares coma do concello, fixemos unhas recomendacións que queremos compartir con tod@s vós. Aquí vos deixamos a información sobre a presentación da guía de lecturas.

05/11/2014

SAMAÍN

Hoxe a Bruxa Maruxa contounos un conto na biblioteca q se titulaba Samaín. O seu protagonista era Fermín que tiña un problema... Que medo pasamos!!!!! Cando saímos pola porta, a Bruxa Maruxa, botounos unha pócema para que puidésemos dormir ben!!!

30/10/2014

SAMAÍN

Chegou o samaín a nosa biblioteca. QUE MEDOOOO!!!!!!

ALIMENTOS

Aquí temos o noso recanto da alimentación, isto foi posible grazas a aportación da biblioteca do concello.

20/03/2014

aquí tedes máis imaxes da nosa exposición de comic

18/03/2014

Visita de Anxo Moure

Os nenas e nenos de Ed. Infantil e 1º de Primaria recibiron o venres 14 de Marzo a a Anxo Moure, que veu coa súa serea do río, A Xacia Luviña.
Contounos a través das súas palabras, o coidado e amor que debemos ter cara o río, as árbores, a natureza... Pasámolo moi ben!! pareceunos unha persoa moi divertida!!




21/02/2014

EXPOSICIÓN DE CÓMIC

Queremos agradecervos a todos a vosa colaboración para a montaxe da exposición de cómic. Recibimos unha grande cantidade de exemplares!!!; novos, antigos...e de estilos diferentes. Aínda estades a tempo se queredes traer algún que teñades por casa.
 Agora estamos decorando o espacio, e todos podedes participar facendo as vosas suxerencias e debuxos. Nos recreos teredes á vosa disposición materiais para poder facer os voso propios cómics, así que animádevos a vir!!
 Se queredes pasar a visitar a mostra coas familias e podedes facelo todas as tardes de 16:00 a 18:00.

 E...estade moi atentos ao blogue da biblioteca, porque imos ir colgando recursos e materiais para traballar o cómic de xeito divertido, na escola e tamén na casa. aquí tedes uns cantos recursos nos que poderedes crear o voso propio comic, personaxes, escenarios, bocadillos, textos...

  PIXTON

COMIC MASTER

  HEROE MACHINE