20/03/2010

Fomos ao teatro


O pasado xoves 18, os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de Primaria, asistimos no Auditorio Municipal de Rianxo, á representación, por parte do grupo de teatro BABALUVA, do libro de Alberto Varela Ferreiro ¡LUME!. Ata alí achegáronse tamén nenos e nenas doutros centros do concello. Na nosa biblioteca atoparás outros títulos deste autor que tivemos a sorte de que nos visitara hai dous anos.



Uxía no verán


Yolanda e Xulián xa teñen ganas de sol e de praia por iso escolleron este pequeno conto.

É verán e Uxía ten que prepararse: roupa cómoda, gorra e crema para o sol, e a pasalo ben!





O zapateiro e os trasnos



Foi Victoria a que nos contou esta historia.
Non lles quedaba máis coiro, e espertaron cunha sorpresa... 


Aquel neno e aquel vello



Andrés e Daniel ensináronnos que non hai mellores amigos que un neno e un vello.
Aquel neno tiña uns pais que nunca estaban con el.
Aquel vello xubilárase e estaba só. 



14/03/2010

Contacontos de Febreiro



Aldara e Estrela léronnos Sígueme! Unha gran historia de amor que non ten nada de raro.






Superar dificultades cooperando entre un grupo amigos foi o que nos contaron as máis benxaminas das nosas lectoras con El viaje en globo. Uxía, Lara e Fani foron quen de manter a atención de todo o grupo que foi a escoitalas.







O traballo ten a súa recompensa e así nolo fixo ver Coral cando nos leu esta historia de orixe italiana A casa dos gatos.




Martes contacontos

Comezamos en febreiro a adicarlle un anaquiño do recreo a pasar pola biblioteca e compartir as nosas pequenas lecturas con todos e todas as que nos queiran escoitar. Si aínda non te apuntaches pasa pola biblioteca e anímate. Non tes porque facelo só. Podedes ser ata un grupo de tres.


10/03/2010

XA ESTAMOS AQUÍ!!!

A Biblioteca non podía ser menos. Nace o voso blogue para que participedes nel tanto, como o facedes en todas as actividades que vos propoñemos.Non esquezades dicirllo as vosas familias e que nos deixen tamén os seus comentarios.