24/10/2017

Día das Bibliotecas Escolares

 Hoxe conmemoramos o día das Bibliotecas Escolares cunha actividade moi especial. 

Tendo en conta todo o acontecido en Galicia nas últimas semanas, os nosos alumnos tomaron conciencia da realidade na que vivimos a través do contacontos: Lume. 




O contacontos tivo moito éxito, como podedes ver:



Ademais, aproveitando o día de hoxe, temos unha nova moi interesante que contarvos.

Para un maior acercamento á comunidade educativa, os nosos alumnos e mestres non son os únicos en poder realizar contacontos. Agora tamén poden ser todos os pais que queiran participar! Para iso, encontraredes unha táboa onde apuntarvos e mirar dispoñibildade horaria.


Temos unha colección sobre o Samaín moi interesante esperando por vos para ser contada!


E para rematar, unha mensaxe dos nosos encargados de biblioteca:

19/10/2017

Onte na biblioteca...

Onte foi a reunión lectora na biblioteca. Os nenos foron a ler contos adaptados ás súas idades. Como veredes agora, están todos moi concentrados lendo.

A ver quen se encontra nas fotos!










Cóntame un conto...

Os contos da nosa biblioteca están moi ben coidados! Sabedes por que? Porque os levamos de viaxe. Si, si, de viaxe.

Os nen@s encargad@s dos contacontos buscan distintos espazos da escola para que viaxemos con eles e coas historias que nos contan.

Queredes ver por onde estivemos?




Os encargados da biblioteca buscando público para o contacontos


Contacontos no patio do recreo


Contacontos no pasillo do centro

Bos días pequenos mouchos!

Na biblioteca estamos moi contentos xa que moitos nenos da escola colaboraron, xunto coa axuda dos mestres, a pintar un mural moi especial: a nosa mascota o moucho! Estades convidados a vir a velo no horario habitual da biblioteca.

Mirade! Mirade que bonito quedou!






06/10/2017

Achégase o Samaín...

Sabedes que o Samaín é unha festividade de orixe celta?

Esta data tan sinalada, da noite do 31 de outubro ó 1 de novembro, dedicábase a celebrar o fin da tempada de colleitas e o comezo da "estación escura", onde os días ían ser máis curtos e as noites máis longas. Para eles, os celtas, era como celebrar o "comezo dun ano novo". Pois o Samaín non é o mesmo que a festa de Halloween, a cal veu dende Estados Unidos e copiamos na nosa cultura actual.

Aínda así, as dúas teñen algo en común: esa noite tenebrosa, os espíritos dos mortos volvían a visitar o mundo dos mortais.


A celebración do Samaín descubriuna un mestre chamado Rafael López Loureiro, ó percatarse e comprobar que existía por toda Galicia. Veredes:

- En Quiroga (Lugo), tiñan a tradición de tallar e secar as cabazas, conservándoas ata o entroido para empregalas como máscaras.
- En Ribadavia (Ourense), a festa do Samaín chámase "A noite meiga", onde toda a vila énchese de pantasmas, meigas, vampiros...
- Na Coruña, os rapaces escondían cabazas con velas dentro nos camiños, e as nenas, facían colares de castañas para escorrentar ós espíritos.

E nós, como tamén imos celebrar o Samaín, temos xa dispoñible na biblioteca os novos libros dedicados a ela. Vide botar un ollo!!



Adiviña quen é quen...

Seredes capaces de encontrar ás persoas agochadas na porta da nosa biblioteca? Colle un dos papeliños do quen é quen. Se adiviñas que persoa do cole é a da descrición, tócache escribir a ti sobre alguén!



Animádevos a participar!

Para os nosos lectores máis habituais

Dende a biblioteca queremos informar de que para todos aqueles lectores curiosos e interesados que se acheguen a coller libros, espéralles una sorpresa moi agradable:



O bonito moucho Merlín está agardando por vós para que lle deades toda a cor que se vos ocurra. Así que xa sabedes, pasade pola biblioteca e deixade voar a vosa creatividade e imaxinación!

Pero non todo remata aquí, xa que para os nosos lectores máis fieis haberá un premio... Un ollo lector! Mirade!


03/10/2017

Os nosos súper bibliotecarios!

Gran apertura!
Onte empezou a funcionar de novo a biblioteca da escola e fíxose por todo o grande. Os nosos encargados do funcionamento da mesma nos próximos dous meses deleitáronnos cunha sesión de contacontos moi interesante: A miña amiga a escuridade. Todos os nenos estaban moi atentos!

Presentámosvos, sen máis dilación, ós nosos encargados de biblioteca:


Lorena


Daniel


Lucía


Zaire


Breogán

Os biblitoecarios encárganse da xestión da biblioteca, tendo cada un deles unha función concreta: préstamos de libros, márketing, relacións humanas (creación de normas da biblioteca, uso dos espazos, etc.) e organización de eventos.

Esperamos que vos axuden moito e que vos animedes a visitar a biblioteca, que estará aberta no seguinte horario:

  • Luns no primeiro recreo
  • Mércores e venres


Unha aperta!

Feira do libro

O 20 de xullo foi a feira do libro. Os traballos das escolas do concello estiveron na caseta da biblioteca de Rianxo.

Pasárono moi ben entre libros! Aquí vos deixamos unhas imaxes deses días.