25/01/2012

UN ACCIDENTE





Este mércores foron Manuel e máis Iago quen nos contaron o conto.
A protagonista é Andrea unha nena que pasa a fin de semana coa súa nai. De noite soña que vai nun tren antigo e moi longo, no que lle ocorren aventuras. Cando a esperta súa nai pola mañán...

18/01/2012

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS




Outro mércores máis temos un contacontos. Nesta ocasión é Silvia e máis Ainhoa quen nolo conta.
Martiño, un neno moi ilusionado, coa chegada dos reis vai para a cama.Pero no medio da noite esperta cunhas ganas tremendas de mexar e... Menos mal que todos os contos rematan ben e o noso amigo Martiño consegue o seu tren máis un penico.

24/12/2011

LIBROS PARA AGASALLAR

Un ano máis aquí vos deixamos o tríptico de recomendacións de lectura para este Nadal. Foi elaborado grazas á colaboración das bibliotecas escolares do CEIP A.D.R Castelao, do CEP Xosé Mª Brea Segade, do IES Felix Muriel, do CEIP Ana Mª Diéguez e a B.P.M de Rianxo. Esperamos que lle saquedes bo proveito.

07/12/2011

UN PLANETA VERDE

NO CONTACONTOS DE HOXE , OS NENOS DE 4º, FROILÁN, XAVI E RAMÓN ROMERO INVENTÁRONOS UN CONTO NO APARECÍAN UNHAS PEGADAS EXTRAÑÍÍÍSIMAS. DE QUE ERAN? TODO ACONTECÍA NUN PLANETA VERDE.

30/11/2011

NA ÁRBORE.



Hoxe os nenos/as de 1º: Isabel, Silvia e Abdi inventaron un conto. Uns nenos xogando cun balón, botárono enriba dunha árbore...



Podedes ó igual ca eles usar un pouquiño a imaxinación e contárnolo.

25/11/2011

Contacontos OS CATRO AMIGOS.





Esta semana, os nosos compañeiros Joel, Sergio e Daniela relataron un conto de catro amigos: un burro , un galo, un can e un gato un tanto cansos da súa vida cotiá. Entre os catro deciden vivir novas aventuras, incluso moi moi atrevidas. Interesante, non ? Pois este conto agárdache na nosa biblioteca.

16/11/2011

XABI NON PODE DURMIR.



Hoxe mércores, os nosos compañeiros Luismi, Sergio e Abel adentráronos no país dos soños perdidos para intentar darlle unha solución ó noso protagonista chamado Xabi. O pobre non podía durmir ben polas noites porque tiña pesadelos. Axudaríalle o Señor dos Soños?