18/12/2013

Ao longo das últimas semanas, tivemos no exterior da biblioteca unha exposición de títulos de diferentes editorias. A mostra levaba por título "UN LIBRO...UN AGASALLO". Nenos e maiores disfrutamos moito revisando estes libros nos recreos, polas tardes... Tiñamos á nosa disposición unhas fichas nas que poñer aqueles títulos que nos gustaron máis. Intentaremos que os máis votados sexan adquiridos pola biblioteca do centro.
O venres 13 de Decembro celebrouse no Auditorio de Rianxo o acto de presentación do tríptico de recomendacións de lecturas para o Nadal. Puidemos disfrutar da representación de todas as bibliotecas escolares co concello, mostrándonos as últimas novidades a través da lectura, a dramatización, a música... Foi estupendo ver alí a tantos nenos e nenas coas súas familias. Queremos agradecer a todos a súa asistencia, especialmente aos nenos e nenas de Ed. Infantil e primeiro curso, uqe fixeron unha estupenda actuación.

12/12/2013

Este venres, 13 de decembro, no Auditorio Municipal, terá lugar a presentación do tríptico de recomendacións de lecturas que todos os anos lanzamos as bibliotecas do Concello de Rianxo. O acto comezará ás 19:00h e agardamos que vos acheguedes. Algúns dos nosos alumnos de Educación Infantil e 1º curso farán unha pequena actuación sobre unha das obras recomendadas.