28/12/2010

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Este ano queremos compartir con tod@s as propostas de lectura confeccionadas pola maioría das bibliotecas escolares do noso concello e a biblioteca pública municipal. Son unhas recomendacións que mostran o noso compromiso conxunto coa lectura desde a infancia á idade adulta.
Desexámosvos felices festas e felices lecturas en familia.

20/12/2010

TOC, TOC...

- TOC, TOC, pódese?
É o que nos di este personaxe que chega no Nadal para quedarse con nós. Trátase do Apalpador: un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón durante todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre o Apalpador fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón... Non ten nadiña que envexar a Papa Noel ou aos Reis!!!
Se queredes saber máis, na Biblioteca atoparedes axiña o libro "Antón e o apalpador". E ademais abride ben os ollos porque o Apalpador espéravos tódolos días na entrada do cole. Nos vos esquezades de darlle os bos días!!

14/11/2010

Xa estamos de volta!

Co comezo do curso a Biblioteca abre as súas portas para que vos mergulledes en moreas de libros.


Tivestes que agardar un anaquiño pero de seguro que estades tan emocionados coma nós ca posta en marcha da mochila viaxeira... Xa está nas vosas casas!
Aquí deixamos as fotos do primeiro sorteo.





E xa sabedes: "Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro" (Emily Dickinson)

20/06/2010

Chegaron as vacacións

Rematou o curso, xa chegaron as vacacións. Dende a biblioteca vos desexamos que pasedes un bo verán, que gocedes das vosas familias, que vaiades moito a praia e por suposto que sigades lendo. Marlin estaravos esperando cando comece o próximo curso. Bicos para tod@s.

O Agasallo do Anano

Seguro que moitos de vós paseades polo monte cando fai bo tempo, atopastes algún anano? Pois Ainhoa si. Polo que parece inspirouse neste encontro para escribir o conto. O certo é que foi un anano moi agradecido.

09/06/2010

A salvación de Elena

Diana e unha rapaza que traballa de exploradora. Así comeza a aventureira historia que escribiu Estrela. Cartas que chegan por outra vía que non é a habitual, animais que atacan aos humanos, viaxes en avioneta... Esta historia está chea de aventuras!.

01/06/2010

Visita de Ramón Carredano

Para rematar o mes de maio visitounos na nosa biblioteca Ramón Carredano Cobas. Autor entre outras obras de "Unha branca de cobre para Martiño" coa que estiveron traballan @s de terceiro ciclo neste trimestre. Martiño na Noiteboa bebe un grolo de champán e cando desperta atopase a bordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colon. O grumete Martiño e o seu papagaio Trinquete vivirán unhas xornadas inesquecibles, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Estivo Martiño na Santa María ou so foi un soño?...


29/05/2010

Asesinato no Madame Úrsula

Aldara e Victoria explícannos como chega un novo caso a axencia de detectives Dobre A. Non sempre as vacacións son tan tranquilas como as planeamos, pero si que resultan sempre interesantes.

26/05/2010

A lenda do lago

Sabedes porque existen os humanos?. Así comeza esta inquietante historia na que Clara, Ana e Aida nos conta a súa particular visión de como os humanos temos moito que ver con todos os animais que coñecemos.

16/05/2010

Día das letras


Como todos os anos, o día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Escolleuse este día por ser nel no que se editou por primeira vez o libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Cada ano a Real Academia Galega designa a un autor ou autora que escribiu na nosa lingua. Este ano adícaselle ao poeta do Caurel Uxío Novoneyra. Si queres saber algo máis del pica nas ligazóns que tes ao lado.

13/05/2010

Exposición de libros


Durante estas dúas semanas o corredor diante da biblioteca encheuse de libros un pouco usados. Todos coñecemos a "Kika Superbruxa" a "Harry Potter" ou a "Tento" pero eles non estaban, no seu lugar tiñamos a "Los cinco", "El capitán trueno", "Mortadelo y Filemón" e moitos máis títulos cos que pasaban o seu tempo os vosos pais e avós cando tiñan a vosa idade. Tamén había libros de texto, que distintos aos de agora!, podías aprender a ler nunha semana!. Houbo moitas cousas que vos chamaron a atención, polo distintos que son cos que se usan agora. Acariñade os vosos para que nun futuro poidan gozar deles outros nenos e nenas próximos a vós.

A vida dunha nena que quería soñar baixo a lúa

Neste pequeno relato Rita acordase dunha nena que ten unha deficiencia física, o que lle dificulta facer algunha actividade como aos demais nenos. Coa axuda da súa familia, conseguira o que tanto ansía?.

12/05/2010

As aventuras dos tres irmáns piratas

Sandra, Xulián e Coral faláronnos de tres irmáns aos que un pirata desalmado deixara sen pai. Tiveron que esperar ata que cumpriron os dezaoito anos para poder vingar a súa morte. Comezaron unha serie da aventuras na que se enfrontan a Barba Negra e aos seus secuaces pero finalmente saen vitoriosos.

28/04/2010

La Fantasía de las Muñecas

Esta é a historia coa que Ismael e Manuel participaron no Certame Literario.Quixeron contárnola a todos e ata sacaron a unha espectadora a bailar.

24/04/2010

Semana importante na biblioteca

Durante esta semana a nosa biblioteca estivo chea de actividade. Durante todos os recreos tivemos un obradoiro de caraveis ao que nunca lle faltaron participantes. Tamén celebramos o II Certame Literario no que, seguindo coa nosa tradición, todos os participantes tiveron uns agasallos. E como remate repartíronse os caraveis entre todas as persoas do centro.

20/04/2010

23 de Abril Día do Libro

Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.
Elixiuse o 23 de abril para a súa celebración porque coincide co falecemento de dous escritores universais, MIGUEL DE CERVANTES e WILLIAM SHAKESPEARE.
Cada ano unha cidade do mundo convértese na capital mundial do libro. No 2010 será Ljubljana que está en Eslovenia.
Este é o cartel deseñado este ano para a celebración deste día; está escrito en Francés e Inglés.



14/04/2010

Mariluz Avestruz

Estrela narrounos a historia de Mariluz, unha avestruz da sabana africana que pola noite, non dorme como os demais avestruces. Este costume vai ocasionarlle problemas e ensinaralle que o máis importante non é o aspecto físico...





11/04/2010

Croco


Ana e Clara contáronnos esta historia.

Croco morría de fame, pero mamá crocodila tiña que vixiar o niño. No niño había un ovo e no ovo… un irmán. Croco marchou disposto a cazar só, pero aínda era algo pequeno e non estaba afeito a ter que buscar a súa merenda.






20/03/2010

Fomos ao teatro


O pasado xoves 18, os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de Primaria, asistimos no Auditorio Municipal de Rianxo, á representación, por parte do grupo de teatro BABALUVA, do libro de Alberto Varela Ferreiro ¡LUME!. Ata alí achegáronse tamén nenos e nenas doutros centros do concello. Na nosa biblioteca atoparás outros títulos deste autor que tivemos a sorte de que nos visitara hai dous anos.



Uxía no verán


Yolanda e Xulián xa teñen ganas de sol e de praia por iso escolleron este pequeno conto.

É verán e Uxía ten que prepararse: roupa cómoda, gorra e crema para o sol, e a pasalo ben!





O zapateiro e os trasnos



Foi Victoria a que nos contou esta historia.
Non lles quedaba máis coiro, e espertaron cunha sorpresa... 


Aquel neno e aquel vello



Andrés e Daniel ensináronnos que non hai mellores amigos que un neno e un vello.
Aquel neno tiña uns pais que nunca estaban con el.
Aquel vello xubilárase e estaba só. 



14/03/2010

Contacontos de Febreiro



Aldara e Estrela léronnos Sígueme! Unha gran historia de amor que non ten nada de raro.






Superar dificultades cooperando entre un grupo amigos foi o que nos contaron as máis benxaminas das nosas lectoras con El viaje en globo. Uxía, Lara e Fani foron quen de manter a atención de todo o grupo que foi a escoitalas.







O traballo ten a súa recompensa e así nolo fixo ver Coral cando nos leu esta historia de orixe italiana A casa dos gatos.