23/12/2012

Aquí vos deixamos unhas lecturas recomendadas. Bo Nadal!!!!

20/11/2012

DECORAMOS A BIBLIOTECA

Á nosa biblioteca chegaron monstruos, bruxas, pantasmas...


Que meeeedooooooo!!!!!!!!

13/11/2012

MONSTRUOS MONSTRUOSOS !!!!

Nos recreos da semana do Samaín rematamos os nosos monstruos.
Que medooooooo!!!!!!!!!!

23/10/2012

XA CHEGA O SAMAÍN ! OS MONSTRUOS INVADIRON A NOSA BIBLIOTECA!

Nos recreos estamos levando a cabo un obradoiro de pintura para debuxar criaturas monstruosas. Esto só é   o comenzo...

16/05/2012

A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE

Nesta semana Marta, Olalla e Lara contáronnos o derradeiro conto deste curso: A miña amiga a escuridade.
A nosa protagonista María xogaba, bailaba...Pero alguén máis andaba por alí: a escuridade. En vez de sentir medo empezou a bailar e a xogar con ela. Fixeronse grandes amigas, pero cando María prende a luz, a escuridade sabe que é hora de dicir boas noites.

09/05/2012

A CASA DOS GATOS

 Nerea e Brais relatáronnos o seguinte conto: Érase unha nai que tiña unha filla e unha fillastra.A esta última sempre a mandaba traballar. Un día, mandouna a por unha leituga e cando tirou para arrincala atopouse cun buraco enorme do que partían unha escaleiras moi longas...Cantas aventuras viviría alí?

02/05/2012

A viaxe do bisavó.



Despois dunha semana tan movida como a pasada coa celebración do día do libro, retomamos os nosos contacontos dos mércores. Hoxe os nosos compañeiros Iago e Sergio relataron o conto dun bisavó que tiña moitas ganas de cruzar o mar para descubrir qué atoparía do outro lado. Con tantas cousas que tiña que facer nunca encontraba o momento para vivir esa aventura. Quen sí puido cruzar ese mar foi  a súa filla que ó atoparse do outro lado empezou a ter certa morriña.

30/04/2012

Entrega de agasallos.

Hoxe pola mañá, na nosa biblioteca houbo entrega de premios para tódolos participantes no noso Certame Literario.

SEMANA DO LIBRO.

Ao longo desta semana tivemos uns recreos moi distintos, xa que, apareceron uns contadores de contos !!!  Relataban distintas aventuras para quen quixera escoitalos.
Paralelamente a isto, hai por todo o cole uns sitios chamados punto libro. Alí podes coller un conto para ler, ben sexa no cole ou na túa casa. Pero coidadiño, con que volva ó seu sitio para que outro compañeiro/a poida disfrutar del.

20/04/2012

OBRADOIRO DE CARAVEIS

Esta semana nos recreos os alumnos/as fixeron caraveis. O luns día 23, co motivo do día do libro, cada neno/a será agasallado cun caravel.

19/04/2012

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


O  vindeiro luns 23 de abril celébrase o día  do libro. Durante toda a semana realizaremos actividades para festexalo. Entre elas podemos destacar: obradoiro de caraveis, punto libro, contadores de contos no recreo, IV certame literario con data límite de entrega o venres 27 de abril.

18/04/2012

MANU.

Lucía e Joana contáronnos hoxe a historia de Manu. Era un neno que desobedeceu os consellos da súa nai. Mergullou a cabeza na bañeira, e claro, entroulle auga nos oídos. A partires dese día todo o entendía mal. A nai mandouno á compra e que traería? ...

11/04/2012

TENTO E MAILO DENTE.

Roi de Iván elixiron hoxe un conto máis do noso amigo Tento. Esta vez caéralle un dente e devecía por que chegase a noite para que o ratiño Pérez lle trouxese un agasallo fantástico.Que sorpresa cando saltou da cama e se atopou ca pelota que tanto desexaba !

28/03/2012

TENTO E MAILA TELE.

Os alumnos de 6º Breixo, Manuel e Ismael deleitáronnos cun relato dun canciño chamado Tento que quería saír na tele. Presentouse ás probas, pero para a súa sorpresa había unha longa fileira de candidatos. Fíxoo tan ben que resultou elixido. Que sorte!

21/03/2012

TENTO E MAILO MAR.

As nosas compañeiras Rosa, Victoria e Coral agasáronnos co seu relato. Tento e mailo seu amigo Rolo decidiron ir á praia porque nunca viran o mar. Quedaron marabillados ó ver o tamaño do mar. Pasáronno xenial !

14/03/2012

A MOMIA



No noso contacontos de hoxe, Silvia e Ainhoa relatáronnos a historia dunha momia.
Ela escoitara que o museo onde vivía ía pechar, entón decidiu regresar a Exipto. A pesares de vivir unhas aventuras incribles non conseguiu chegar a Exipto e tivo que voltar ó museo.

29/02/2012

Tento e mailo seu amigo.

Olalla e Marta ofrecéronos hoxe o conto dun can chamado Tento que fixo un amigo moi peculiar : un gato. Eran tan bos compañeiros que nada puido coa súa amizade. Mesmo comían xuntos sen rifar. A fin de contas ó can gústanlle os ósos e ó gato o peixe.

15/02/2012

¿ Aínda nada ?



Sempre nace algo dunha semente? O protagonista do conto que nos relataron hoxe Miquel e Bruno non o ten tan claro. Non crece nada días tras día ? Alguén andara por ahí facendo algunha trampa? Quen sabe ... Será un paxariño?

08/02/2012

NA AVENTURA DOS MUÍÑOS.

Bernal e Xulián adentráronos hoxe no mundo dos cabaleiros. O protagonista do conto, un tal Breogán, introduciuse na historia de Don Quixote,vivindo unhas aventuras un tanto imaxinarias cuns muíños que semellaban xigantes.

02/02/2012

¡ EU NON FUN !




Hoxe, xoves, as nosas compañeiras Rosa e Sandra decidiron contarnos un conto un pouco enrevesado no que foron aparecendo varios animais que intentaban botarse a culpa uns a outros dun empuxón que recibira a protagonista.
En realidade o culpable fora unha vaca, un burro ou un rancho porcalleiro?
Ou habería algún animal máis no conto a quen botarlle as culpas?

25/01/2012

UN ACCIDENTE





Este mércores foron Manuel e máis Iago quen nos contaron o conto.
A protagonista é Andrea unha nena que pasa a fin de semana coa súa nai. De noite soña que vai nun tren antigo e moi longo, no que lle ocorren aventuras. Cando a esperta súa nai pola mañán...

18/01/2012

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS




Outro mércores máis temos un contacontos. Nesta ocasión é Silvia e máis Ainhoa quen nolo conta.
Martiño, un neno moi ilusionado, coa chegada dos reis vai para a cama.Pero no medio da noite esperta cunhas ganas tremendas de mexar e... Menos mal que todos os contos rematan ben e o noso amigo Martiño consegue o seu tren máis un penico.