31/05/2018

Outra de Contacontos!


  Fai uns días houbo outra sesión de Contacontos na nosa biblioteca, desta vez creada polos alumn@s que colaboran nela. Fixérono moi ben, elaborando el@s mesm@s os disfraces.



          
                Ao rematar démoslle un gran aplauso porque foi moi divertido!

25/05/2018

CONTACONTOS!

O pasado martes 22 de maio os alumnos de 6º acudiron ás aulas de Infantil para contarlle aos nenos diferentes contos e conciencialos sobre a importancia de recoller o lixo e manter os espazos limpos!



16/05/2018

Visítanos Eli Ríos

O martes 15 de maio levouse a cabo na nosa biblioteca un taller para fomentar a lectura da man da escritora Eli Ríos. Unha boa forma de conmemorar as Letras Galegas e recordar a María Victoria Moreno!








11/05/2018

Celebramos o Día das Letras Galegas

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e por iso puxemos un recuncho na nosa biblioteca ca fin de recordar a diferentes autores aos que se lles adicou esta data.



Xa que este ano a homenaxeada é María Victoria Moreno, tamén estamos ambientando o noso recuncho da natureza con imaxes e fotografías desta autora.



Ademais, contaremos proximamente coa visita da escritora Eli Ríos,que virá presentarnos unha das súas obras recentemente publicada: "Mulleres bravas da nosa historia:María Victoria Moreno" de Urco Editora.