10/12/2015

PRESENTACIÓN TRÍPTICO NADAL

O venres 11 de decembro terá lugar a presentación  do tríptico de lecturas recomendadas para nadal.

10/11/2015

MARCAPÁXINAS TERRORÍFICOS CON MERLÍN

Este xoves coa celebración do Samaín fixemos un obradoiro na biblioteca. Merlín animounos a decorar uns marcapáxinas de pantasmas que podemos empregar nos nosos libros. Empregádeos e así non vos perderedes na vosa lectura... Lede con gusto!!

29/10/2015

O MEDO CHEGOU COS CONTOS

Chegou o Samaín á nosa biblioteca . Os alumn@s de 6º dramatizaron uns contos.
O luns " A min  non me comas", o martes "A visita dos domingos"e para rematar o mércores "Onde viven os mostros"

SAMAÍN NA BIBLIO


Esta semana chegou o Samaín á biblio.  Nela hai un recuncho no que poderedes ler un montón de libros terroríficos... ATREVEDESVOSSS????

21/10/2015

DINOBIBLIO

Xa chegaron os dinosauros a nosa biblioteca!!!! Entrade a vela e descubride con Merlín un mundo sin fin!!!

04/09/2015

FEIRA DO LIBRO 2015

 Como ven sendo xa unha tradición, outro ano máis, participamos na FEIRA DO LIBRO. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

24/06/2015

CONTADORES DE CONTOS

Co motivo da semana cultural que se celebrou no IES FÉLIX MURIEL, algúns alumnos do instituto viñeron ata a nosa escola para contarnos contos. Algúns deles eran ex alumnos deste centro, víaselles moi emocinados por volver!!! Nós agradecémolles moito a súa visita e esperamos que volvan outra vez.

29/04/2015

ESCRITORA LEDICIA COSTAS

A escritora Ledicia Costas veu a presentarnos o seu novo libro:"Escarlatina, a cociñeira defunta". Que foi premio premio Merlín da literatura infantil 2014.

CONTACONTOS

 Co motivo da semana cultural que se celebrou no IES Félix Muriel, algúns alumnos do instituto viñeron ata a nosa escola para contarnos contos. Algúns deles eran ex alumnos deste centro, víaselles moi emocionados por volver!!! Nós agradecemos que veñan máis veces.!!!