16/05/2012

A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE

Nesta semana Marta, Olalla e Lara contáronnos o derradeiro conto deste curso: A miña amiga a escuridade.
A nosa protagonista María xogaba, bailaba...Pero alguén máis andaba por alí: a escuridade. En vez de sentir medo empezou a bailar e a xogar con ela. Fixeronse grandes amigas, pero cando María prende a luz, a escuridade sabe que é hora de dicir boas noites.

09/05/2012

A CASA DOS GATOS

 Nerea e Brais relatáronnos o seguinte conto: Érase unha nai que tiña unha filla e unha fillastra.A esta última sempre a mandaba traballar. Un día, mandouna a por unha leituga e cando tirou para arrincala atopouse cun buraco enorme do que partían unha escaleiras moi longas...Cantas aventuras viviría alí?

02/05/2012

A viaxe do bisavó.



Despois dunha semana tan movida como a pasada coa celebración do día do libro, retomamos os nosos contacontos dos mércores. Hoxe os nosos compañeiros Iago e Sergio relataron o conto dun bisavó que tiña moitas ganas de cruzar o mar para descubrir qué atoparía do outro lado. Con tantas cousas que tiña que facer nunca encontraba o momento para vivir esa aventura. Quen sí puido cruzar ese mar foi  a súa filla que ó atoparse do outro lado empezou a ter certa morriña.