08/10/2013

FORMACIÓN DE USUARIOS


Este curso, a bilioteca abriu as súas portas cunhas xornadas de formación de usuarios. Todos os nenos e nenas xa coñecen agora moito máis sobre o seu funcionamento. O primeiriño de todo, foi lembrar a figura de Merlín, a nosa mascota. Agora sabemos máis sobre a clasificación do material da nosa biblioteca, e tamén aprendimos onde gardar os libros ou qué facer cando atopamos un libro en mal estado.

Benvidos ao novo curso!!

Xa comeza un novo curso, e a biblioteca abre as súas portas para todos vós! Cun aire renovado, esperamos que sexa un espazo para o disfrute de todos!! Comezamos lembrando que este verán a nosa biblioteca participou na Feira do Libro de Rianxo, e que xunto a outros centros aportou materiais e traballos feitos polos alumnos e alumnas. Deixámosvos como proba esta montaxe elaborada pola Biblioteca do Brea Segade,que nos días da celebración da Feira foi proxectada. Dámoslles a noraboa e as grazas polo seu traballo!!