18/12/2013

Ao longo das últimas semanas, tivemos no exterior da biblioteca unha exposición de títulos de diferentes editorias. A mostra levaba por título "UN LIBRO...UN AGASALLO". Nenos e maiores disfrutamos moito revisando estes libros nos recreos, polas tardes... Tiñamos á nosa disposición unhas fichas nas que poñer aqueles títulos que nos gustaron máis. Intentaremos que os máis votados sexan adquiridos pola biblioteca do centro.
O venres 13 de Decembro celebrouse no Auditorio de Rianxo o acto de presentación do tríptico de recomendacións de lecturas para o Nadal. Puidemos disfrutar da representación de todas as bibliotecas escolares co concello, mostrándonos as últimas novidades a través da lectura, a dramatización, a música... Foi estupendo ver alí a tantos nenos e nenas coas súas familias. Queremos agradecer a todos a súa asistencia, especialmente aos nenos e nenas de Ed. Infantil e primeiro curso, uqe fixeron unha estupenda actuación.

12/12/2013

Este venres, 13 de decembro, no Auditorio Municipal, terá lugar a presentación do tríptico de recomendacións de lecturas que todos os anos lanzamos as bibliotecas do Concello de Rianxo. O acto comezará ás 19:00h e agardamos que vos acheguedes. Algúns dos nosos alumnos de Educación Infantil e 1º curso farán unha pequena actuación sobre unha das obras recomendadas.

29/11/2013

Debuxando o colexio

Esta semana estamos a participar no concurso de debuxo de Bolechas :“Debuxa o teu cole" intentanto plasmar nun debuxo cómo é a vida no noso cole e cales son os momentos máis especiais que lembramos da escola. Participar xa é un bo premio!!

08/10/2013

FORMACIÓN DE USUARIOS


Este curso, a bilioteca abriu as súas portas cunhas xornadas de formación de usuarios. Todos os nenos e nenas xa coñecen agora moito máis sobre o seu funcionamento. O primeiriño de todo, foi lembrar a figura de Merlín, a nosa mascota. Agora sabemos máis sobre a clasificación do material da nosa biblioteca, e tamén aprendimos onde gardar os libros ou qué facer cando atopamos un libro en mal estado.

Benvidos ao novo curso!!

Xa comeza un novo curso, e a biblioteca abre as súas portas para todos vós! Cun aire renovado, esperamos que sexa un espazo para o disfrute de todos!! Comezamos lembrando que este verán a nosa biblioteca participou na Feira do Libro de Rianxo, e que xunto a outros centros aportou materiais e traballos feitos polos alumnos e alumnas. Deixámosvos como proba esta montaxe elaborada pola Biblioteca do Brea Segade,que nos días da celebración da Feira foi proxectada. Dámoslles a noraboa e as grazas polo seu traballo!!