08/05/2019

Achégase a gran semana literaria

A próxima semana celébrase a semana do libro infantil e xuvenil.
Nesta ligazón podedes consultar todas as actividades que se levarán a cabo ao longo da semana en Rianxo →  lixrianxo.gal
Aquí vos deixamos unha ideíña do que a nosa escola aportará:


06/05/2019

LIX, semana do Libro que se aveciña...

Mans á obra, despois de celebrar a semana do Libro na escola, preparámosnos para facelo con outras escolas en Rianxo. Todos os mouchos estamos moi intrigados! Para ir abrindo sabor de boca compartimos con vós un traballo plástico sobre unha das temáticas : A REVOLUCIÓN.



Celtia a titiriteira

Ao longo deste curso foron moitos os contacontos que fixemos: entre compañeir@s, cos mestres e convidados. Mouchiño quere agradecervos a tod@s que lle sigades dando anos de vida coa ilusión de ler, contar e imaxinar.


Mouchiño fala con nós mediante Lingua de Signos :)

Mouchiño non ten fala oral por iso estamos aprendendo con el Lingua de Signos. Estanos entusiasmando moito porque mediante os signos podemos comunicarnos en situacións de ruido, empregalo de contrasinal... e sobre todo poder comprendernos con tod@s!