24/01/2018

Primeiro contacontos do ano

Hoxe tivemos a sorte de contar coa nai de Carlota (5 anos) e de Brais (4º de Primaria) que veu ó cole a contarnos un conto realmente divertido! 

Resulta que á vez que iamos escoitando o conto, tiñamos que movernos coma se fósemos os personaxes do mesmo.  Camiñabamos en busca dun oso para cazalo, encontrándonos polo camiño con moitos obstáculos (un bosque, unha lameira, herba...) ata que ó final, no momento de cazar o oso... escapamos a correr mortos de medo!!



Ó rematar, démoslle un gran aplauso á nai de Carlota e Brais porque o fixo realmente ben! Esperamos que volva pronto a contarnos contos tan divertidos como o de hoxe!

Sem comentários: