29/06/2016

GRAZAS BIBLIOTECARIOS

Non podiamos rematar o curso sen darlle as grazas ao alumnado de quinto e sexto que, ao longo do curso, se presentaron voluntarios  para traballar na biblioteca. Fixeron un magnífico traballo de bibliotecarios e por iso lle quixemos facer un agasallo...MOITAS GRAZAS!

CONTACONTOS XUÑO

Ao longo do curso, diversos mestres e mestras foron contando contos na bilbioteca. Este mes, e para dar por finalizada a actividade, os encargados de divertirnos cunha gran historia foron Santi e Pablo, recibindo unha pequena axuda de Jose. Representaron un anaquiño da obra do Quixote. Como nos rimos...
Ver todas

KAMISHIBAI FIN DE CURSO

Para rematar o curso nada mellor que un conto creado por todos os nenos e nenas de todo o colexio. Se recordades, pola semana do libro cada aula elaborou unha lámina do conto "A cousa que máis doe do mundo" para crear unha nova historia de kamishibai. Os encargados de representalo foron algúns alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria.
Ver todas

16/06/2016

LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das Letras Galegas, dende o cole preparamos unha exposición para rendir homenaxe a Manuel María. Expuxéronse diversas obras do autor, así como os debuxos de cada unha das aulas ilustrando algúns dos poemas de "Soños na Gaiola".