03/11/2017

Chegou o Samaín!

Moi boas! Este martes na escola tivemos unha gran celebración do Samaín cunha chea de actividades!

A mañá comezou cun conto de sombras, sobre a historia do Samaín, realizado pola clase de 3º de Primaria. Nela, contábannos como os celtas celebraban o aninovo a noite do 31 de outubro. Esa noite, as ánimas visitaban o mundo dos vivos, polo que os celtas colocaban cabazas iluminadas ao redor das súas casas para escorrentar ós malos espíritos. Mirade que ben saiu!


0s nosos artistas ó rematar a obra

Despois, comezaron os obradoiros a cargo dos mestres da escola: estampación de imaxes, visionado de curtametraxes relacionadas co Samaín, obradoiro de maquillaxe, taller de xogos e obradoiro de baile.
Deixamos unha pequena mostra do obradoiro de baile dos nenos de 5º e 6º:



Ao rematar os obradoiros todos tiñamos moita fame, polo que merendamos os riquísimos postres que prepararon os nenos coa axuda dos seus pais. Estaban todos boísimos!

A seguinte actividade programada foi na biblioteca do centro. Alí recitamos o conxuro da queimada para escorrentar ós espíritos. Fixémolo todos xuntos coa axuda dun portavoz de cada clase:


Ao saír da biblioteca, a mestra de música estaba agardando con todos os intrumentos preparados para un pequeno recital. Os nenos cantaron e tocaron tres cancións. Aquí abaixo podedes ver unha delas:




E por último, fixemos a tradicional busca da cabaza polo patio do centro. Estes foron os cinco afortunados que as atoparon:




Na sesión da tarde, colocamos todas as cabazas feitas polos nenos no muro da escola, semellando á tradición dos celtas. Tamén recibimos a visita dun grupo de teatro que fixo unha obra relacionada co Samaín. Ó rematar, merendamos os postres que quedaban e acendimos as cabazas mentres a noite chegaba... foi un día TERRORÍFICO!!










Sem comentários: