08/10/2013

Benvidos ao novo curso!!

Xa comeza un novo curso, e a biblioteca abre as súas portas para todos vós! Cun aire renovado, esperamos que sexa un espazo para o disfrute de todos!! Comezamos lembrando que este verán a nosa biblioteca participou na Feira do Libro de Rianxo, e que xunto a outros centros aportou materiais e traballos feitos polos alumnos e alumnas. Deixámosvos como proba esta montaxe elaborada pola Biblioteca do Brea Segade,que nos días da celebración da Feira foi proxectada. Dámoslles a noraboa e as grazas polo seu traballo!!

Sem comentários: