30/03/2011

O DRAGÓN COMEMEDO

Ramón Castelo, Ramón Romero e Froilán, contáronnos no recreo de hoxe un conto moi entretido. Falaba dun dragón, pero non dun dragón corrente... Era un dragón comemedo! Imaxinas ter por amigo a un ser así? Pois iso foi o que lle aconteceu a Bernal, que era moi medorento ata que o dragón se pegou unha boa fartada co seu medo. Así que, cando andes pola rúa, xogues nas cabanas ou enredes no patio, anda con tino de non pisar a cola do dragón comemedo, que é un dragón boíño!


3 comentários:

RuAn disse...

O Que ledicia poder ver a túa obra nas máns dos cativos. Milleiros de grazas. Cando me deades permiso ei facerme eco desto no noso caderno. Saúdos.

RuAn disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
RuAn disse...

Por certo, se queredes ofrézome para facer unha lectura un día. Saúdos