Durante esta semana a nosa biblioteca estivo chea de actividade. Durante todos os recreos tivemos un obradoiro de caraveis ao que nunca lle faltaron participantes. Tamén celebramos o II Certame Literario no que, seguindo coa nosa tradición, todos os participantes tiveron uns agasallos. E como remate repartíronse os caraveis entre todas as persoas do centro.
1 comentário:
Que bonito foi ver a tódolos nenos e nenas saír coa súa flor!!!
Enviar um comentário