09/11/2018

Novidades en novembro!


  Este mes de novembro temos varias novidades na nosa biblioteca!

  Por unha banda, comezamos a agasallar aos nosos lectores e lectoras máis fieis, cun unicornio ou unha sandía que deberán ir acumulando para posteriormente intercambialos por agasallos como contos dos bolechas, estoxos...


  
 Tamén comezamos a decorar a porta da nosa biblio conmemorando a personaxes célebres da nosa contorna. Está quedando chulísima!!


  E por último, lembrarvos que como cada mes chega á nosa biblioteca "O Papagaio", cos temas de interese máis importantes!


Isto é todo...de momento!

05/11/2018

A lenda do Pozo Bastón

  Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, cóntase a seguinte lenda:

  Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño, o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así:
—No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o que me pedises.
Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que llles falte farangullo ningún.
Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun deles.
O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De contado víu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita como a primeira.
Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e víu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga.
E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa fervenza que se chama Pozo Bastón. 






  Esta é a lenda sobre o Pozo Bastón que interpretaron o pasado venres os alumnos de 3º pola celebración do Samaín. Fixérono xenial!!


23/10/2018

Preparándonos para o Samaín!


   Como xa queda pouco para o Samaín, no noso cole comezamos a semana pasada coas primeiras lecturas terroríficas e talleres de marcapáxinas e maquillaxe.
                                                   






 

  Os marcapáxinas quedan chulísimos! 

  




Estamos desexando que chegue o próximo 31 de outubro para pasalo de medo!

05/10/2018

Comeza un novo curso!



   Comezou un novo curso e con el a biblio abriu as súas portas o pasado 1 de outubro sendo moi ben acollida.

                     



  Este ano, as nenas e nenos do cole dan un novo paso e recomendan libros que lles gustaron aos seus compañeiros e compañeiras.




 Ademais contamos cunha novidade! Un novo recuncho de lectura con moito encanto!! :)





26/06/2018

Libro viaxeiro!

O longo deste curso as alumnas e alumnos do cole levaron a cabo un libro viaxeiro, onde puideron deixar viaxar a súa imaxinación e por aula foron creando as diferentes partes deste gran conto.




 Nunca souberon como remataría ata o último día de cole que todos o puideron escoitar!

15/06/2018

Novidades na nosa biblio!

Esta semana, a pesar de que xa está rematando o curso, as nosas encargadas están organizando recunchos por xénero do máis solicitado.




 Son unhas rapazas ben traballadoras! Ademais, a partir de agora xa temos un cuño moi molón para a biblio!

              

06/06/2018

FACEMOS MARCAPÁXINAS!!

Ao longo desta semana os encargados da biblioteca están facendo un taller de marcapáxinas durante o recreo para todas aquelas alumnas e alumnos que queiran participar.





                  Empregamos diferentes materiais e quedan moi chulos!!