03/06/2019

Cea para dous entre mans 👐

Gran obra teatral realizada polas encargadas da biblioteca  para despedir este gran curso Merlinense:


Gracias por compartir tantos momentos xuntos,

ATA PRONTO! 💙

08/05/2019

Achégase a gran semana literaria

A próxima semana celébrase a semana do libro infantil e xuvenil.
Nesta ligazón podedes consultar todas as actividades que se levarán a cabo ao longo da semana en Rianxo →  lixrianxo.gal
Aquí vos deixamos unha ideíña do que a nosa escola aportará:


06/05/2019

LIX, semana do Libro que se aveciña...

Mans á obra, despois de celebrar a semana do Libro na escola, preparámosnos para facelo con outras escolas en Rianxo. Todos os mouchos estamos moi intrigados! Para ir abrindo sabor de boca compartimos con vós un traballo plástico sobre unha das temáticas : A REVOLUCIÓN.



Celtia a titiriteira

Ao longo deste curso foron moitos os contacontos que fixemos: entre compañeir@s, cos mestres e convidados. Mouchiño quere agradecervos a tod@s que lle sigades dando anos de vida coa ilusión de ler, contar e imaxinar.


Mouchiño fala con nós mediante Lingua de Signos :)

Mouchiño non ten fala oral por iso estamos aprendendo con el Lingua de Signos. Estanos entusiasmando moito porque mediante os signos podemos comunicarnos en situacións de ruido, empregalo de contrasinal... e sobre todo poder comprendernos con tod@s!



01/04/2019

Novidades deste mes


 Bo día mouchiños!

  Co comezo do mes de abril traémosvos unhas novidades en formato cómic que vos encantarán. Coma sempre aquí volas deixamos clasificadas por ciclos:


Infantil




1º ciclo




2º ciclo



3º ciclo
 



A disfrutalas!

18/03/2019

Semana da Prensa


Fai uns días celebramos a Semana da Prensa no noso cole e como non podía ser doutra forma, fixémolo elaborando varias noticias por curso que colgamos despois no "hall" que hai ao carón da biblioteca.



Tamén colgamos varias seccións de diferentes xornais entre os que se atopaba "O Papagaio", o xornal escolar ao que estamos subscritos.



11/03/2019

Novas recomendacións lectoras


Bo día! Neste mes de marzo Merlín achégavos novas recomendacións lectoras que de seguro vos van gustar:


Primeiro ciclo:



Segundo ciclo:



Terceiro ciclo:



Continuamos cos CONTACONTOS!

 Despois deste pequeno parón polas vacacións do Entroido, continúan as sesións de Contacontos na biblio do noso cole.


Animádevos a vir e a disfrutar da lectura!

01/03/2019

Chegou o Entroido!


                  Que pasará no Entroido na biblioteca de Merlín? Vén descubrilo!




27/02/2019

Aniversario de Merlín!


 A semana pasada Merlín cumpriu 2 anos e celebrámolo todos xuntos na nosa biblio durante o recreo do mércores.






  As nosas compañeiras, encargadas da bliblioteca, fixéronlle unha tarta ben chula! Tamén houbo algún xogo no patio onde tiñamos que atopar unhas frases agochadas e facer o que poñían. Pasámolo moi ben!





Sen dúbida, o mellor agasallo que lle podemos facer ao noso Merlín é continuar acudindo á biblioteca e ler moitos contos!

06/02/2019

Novas recomendacións lectoras


Ola Mouchiños! Aquí vos deixamos novas recomendacións lectoras que acaban de chegar á nosa biblio e que pintan moi ben!

INFANTIL


LECTORES AUTÓNOMOS






 
LECTORES EXPERTOS





 A disfrutar lendo!

Mes da Candeloria!



Paz, corazóns, Candeloria...Merlín anda argallando algunha sorpresa! Que será?


16/01/2019

O ovo máxico!

 Mouchiños, seguimos con novidades! Contamos cun ovo máxico! Dentro del están escritos os nomes das encargadas e encargados da biblioteca. Achégate ao ovo, saca un nome, e esta persoa levarate ata o libro que o destino escolleu para ti! Disfrútao!




Nivel de explorador!!


 A partir desta semana contamos cunha novidade! Trátase dun carnet que hai que sellar cada vez que as nosas lectoras e lectores acuden á nosa biblio a coller un conto. Ao chegar a 3 cuños terán un premio. Que será??




14/01/2019

Recomendacións lectoras!


Ola Mouchiños!

Aquí vos deixamos novas recomendacións de lecturas feitas polos usuarios da nosa biblio,  que de seguro vos gustarán!





A disfrutar delas!

17/12/2018

O enigma está sendo descuberto!


 Ao longo deste trimestre, as nenas e nenos que levaban a mochila viaxeira para as súas casas, tiñan a función de atopar varias palabras ou sílabas agochadas para despois nas aulas, entre todos, formar palabras e unha oración para entregarlle a Merlín.
Durante estes días, o enigma xa está sendo descuberto! 




 Parabéns e a xogar un ratiño máis!

10/12/2018

Tempo de acivros, tempo de libros!


  Neste Nadal un libro podes agasallar, e aquí pódelos ollar para antes disfrutar!


 Agora que se achega o Nadal é un bo momento para recordar que un dos mellores agasallos, é un libro. Por iso, aquí vos deixamos algunhas recomendacións de lecturas para agasallar aos teus seres queridos!



MUSICAL PARA OS MÁIS CATIVOS
Resultado de imagen de A FIESTRA DOS SOÑOS 


PRIMEIROS LECTORES



LECTORES AUTÓNOMOS









ADULTOS






Recorda! Só un libro consigue meter dentro do calcetín de agasallos a todo o sistema solar!



03/12/2018

Convertímonos en detectives!


                Quen puido roubarlle a casa a Álex mentres saía a tomar un café?



                    Como pode cruzar o río o granxeiro sen que afunda a barca co peso?




                          Quen queimaría os boletíns de notas da profesora?
 



  Estes son algúns dos enigmas que tódalas semanas nos deixa Mouchiño no buzón das nosas aulas para que entre todos consigamos resolvelos! Son moi divertidos e temos que empregar a lóxica e a nosa imaxinación para buscar a solución!