23/11/2018
Comezan os tempos de Contacontos!
Xa comezaron os Contacontos! Este ano máis íntimos e máis continuos. De forma semanal xúntanse nenas e nenos de diferentes idades para compartir esta paixón e viaxar xunt@s!
16/11/2018
Recomendacións de lecturas
Ola de novo! Unha das novidades deste mes de novembro e que non puxemos no post anterior, é que a partir de agora imos recomendar varias lecturas de distintos niveis tódolos meses. Comezamos con estas 👇
1º ciclo Educación Primaria
2º ciclo Educación Primaria
3º ciclo Educación Primaria
Estas son as nosas recomendacións deste mes de novembro. Esperamos que vos animades a lelas e que as disfrutedes. O próximo mes máis!!
09/11/2018
Novidades en novembro!
Este mes de novembro temos varias novidades na nosa biblioteca!
Por unha banda, comezamos a agasallar aos nosos lectores e lectoras máis fieis, cun unicornio ou unha sandía que deberán ir acumulando para posteriormente intercambialos por agasallos como contos dos bolechas, estoxos...
Tamén comezamos a decorar a porta da nosa biblio conmemorando a personaxes célebres da nosa contorna. Está quedando chulísima!!
E por último, lembrarvos que como cada mes chega á nosa biblioteca "O Papagaio", cos temas de interese máis importantes!
Isto é todo...de momento!
05/11/2018
A lenda do Pozo Bastón
Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, cóntase a seguinte lenda:
Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño, o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así:
—No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o que me pedises.
Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que llles falte farangullo ningún.
Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun deles.
O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De contado víu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita como a primeira.
Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e víu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga.
E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa fervenza que se chama Pozo Bastón.
Esta é a lenda sobre o Pozo Bastón que interpretaron o pasado venres os alumnos de 3º pola celebración do Samaín. Fixérono xenial!!

Subscrever:
Mensagens (Atom)