31/05/2018
Outra de Contacontos!
Fai uns días houbo outra sesión de Contacontos na nosa biblioteca, desta vez creada polos alumn@s que colaboran nela. Fixérono moi ben, elaborando el@s mesm@s os disfraces.
Ao rematar démoslle un gran aplauso porque foi moi divertido!
25/05/2018
CONTACONTOS!
O pasado martes 22 de maio os alumnos de 6º acudiron ás aulas de Infantil para contarlle aos nenos
diferentes contos e conciencialos sobre a importancia de recoller o lixo
e manter os espazos limpos!
16/05/2018
Visítanos Eli Ríos
O martes 15 de maio levouse a cabo na nosa biblioteca un taller para fomentar a lectura da man da escritora Eli Ríos. Unha boa forma de conmemorar as Letras Galegas e recordar a María Victoria Moreno!
11/05/2018
Celebramos o Día das Letras Galegas
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e por iso puxemos un recuncho na nosa biblioteca ca fin de recordar a diferentes autores aos que se lles adicou esta data.
Xa que este ano a homenaxeada é María Victoria Moreno, tamén estamos ambientando o noso recuncho da natureza con imaxes e fotografías desta autora.
Ademais, contaremos proximamente coa visita da escritora Eli Ríos,que virá presentarnos unha das súas obras recentemente publicada: "Mulleres bravas da nosa historia:María Victoria Moreno" de Urco Editora.

Subscrever:
Mensagens (Atom)