
20/12/2016
TI MÁIS EU
Através deste conto os nenos recordaron o especiais que son as súas diferencias pero que a todos lles une o cariño e querer ter amigos.
18/12/2016
TEMPO DE ACIVROS TEMPO DE LIBROS
Coa chegada do Nadal, chega o tempo dos agasallos, que mellor que un conto!!! Aquí vos deixamos unha pequena mostra das novidades deste ano!!!!
13/12/2016
TRÍPTICO DE NADAL
21/11/2016
CHOCOLATA
26/10/2016
SAMAIN
25/10/2016
PESADELO ANTES DE NADAL
Os nenos de sexto adaptaron o conto "Pesadilla antes de navidad". Através do kamishivai acercáronnos esta historia de medo para pecibir o espíritu do Samaín.
18/09/2016
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Este verán faleceu Agustín Fernández Paz, unha gran perda para @s amantes da cultura e a literatura. Seguirá, como ata agora, sendo un autor imprescindible no noso colexio, na nosa biblioteca, na reflexión sobre a lingua, a literatura, o ensino...
Por iso neste primeiro trimestre adicarémolo a traballar nas aulas algúns dos seus libros.
24/07/2016
21/07/2016
29/06/2016
GRAZAS BIBLIOTECARIOS
Non podiamos rematar o curso sen darlle
as grazas ao alumnado de quinto e sexto que, ao longo do curso, se
presentaron voluntarios para traballar na biblioteca. Fixeron
un magnífico traballo de bibliotecarios e por iso lle quixemos facer
un agasallo...MOITAS GRAZAS!
16/06/2016
LETRAS GALEGAS
Para celebrar o día das Letras Galegas, dende o cole preparamos unha exposición para rendir homenaxe a Manuel María. Expuxéronse diversas obras do autor, así como os debuxos de cada unha das aulas ilustrando algúns dos poemas de "Soños na Gaiola".
26/05/2016
SEMANA DO LIBRO
Para celebrar a semana do libro, todos os nenos e nenas do cole narraron uns contos dun xeito novo e especial: a través dun kamishibai. Kamishibai en xaponés quere dicir "teatro de papel", é unha forma moi popular de contar os contos en Xapón que está formado por un conxunto de láminas que ten debuxo nunha cara e texto na outra. Así a lectura do kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre un soporte, que é un teatrillo de tres portas. Nas fotos poderedes ver o ben que o pasamos contando contos ao estilo xaponés.
18/04/2016
PERDIDO?
Que farías se atopas un pingüín na porta da túa casa?
Este é o argumento da historia que nos contaron, dun xeito moi divertido, as profes Silvia e Rebeca, este mes, na biblioteca.
Agora xa sabedes o que un neno fixo ao topar cun pingüín... Nunca sabemos onde pode aparecer un bo amigo!
Este é o argumento da historia que nos contaron, dun xeito moi divertido, as profes Silvia e Rebeca, este mes, na biblioteca.
Agora xa sabedes o que un neno fixo ao topar cun pingüín... Nunca sabemos onde pode aparecer un bo amigo!
17/03/2016
TÍO LOBO
Chegou Febreiro e, con el, o frío e un personaxe moi malvado á nosa biblioteca. Sabedes de quen falamos? O mesmiño Tío Lobo que veu papar a unha nena moi larpeira e mentireira... Que ben o pasamos cos profes de 3º e 4º!!!
03/03/2016
CONTACONTOS 4º DE PRIMARIA
Hai unhas semanas os nenos e nenas de infantil recibiron na súa aula a visita doutros alumnos do centro... Sí, sí, o que ledes! Algúns nen@s de 4º de primaria foron ás aulas de infantil a contar uns contiños, pero non uns contos calquera, non, non...contos que eles mesmos crearon!! Os máis pequenos pasaron un rato moi divertido...
25/01/2016
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Desta vez foron as mestras de infantil as encargadas de representarnos o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Presentáronnos aos animais do conto cuns orixinais antefaces... canto rimos!!
ANTÓN E O APALPADOR
Nesta ocasión foron Eva e Irene as que nos presentaron o conto de "Antón e o apalpador" acompañándoo de música.
20/01/2016
TEMPO DE ACIVROS TEMPO DE LIBROS
Subscrever:
Mensagens (Atom)