
10/12/2015
10/11/2015
MARCAPÁXINAS TERRORÍFICOS CON MERLÍN
Este xoves coa celebración do Samaín fixemos un obradoiro na biblioteca. Merlín animounos a decorar uns marcapáxinas de pantasmas que podemos empregar nos nosos libros. Empregádeos e así non vos perderedes na vosa lectura... Lede con gusto!!
29/10/2015
O MEDO CHEGOU COS CONTOS
SAMAÍN NA BIBLIO
Esta semana chegou o Samaín á biblio. Nela hai un recuncho no que poderedes ler un montón de libros terroríficos... ATREVEDESVOSSS????
21/10/2015
DINOBIBLIO
Xa chegaron os dinosauros a nosa biblioteca!!!! Entrade a vela e descubride con Merlín un mundo sin fin!!!
04/09/2015
FEIRA DO LIBRO 2015
Como ven sendo xa unha tradición, outro ano máis, participamos na FEIRA DO LIBRO. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
24/06/2015
CONTADORES DE CONTOS
Co motivo da semana cultural que se celebrou no IES FÉLIX MURIEL, algúns alumnos do instituto viñeron ata a nosa escola para contarnos contos. Algúns deles eran ex alumnos deste centro, víaselles moi emocinados por volver!!! Nós agradecémolles moito a súa visita e esperamos que volvan outra vez.
29/04/2015
ESCRITORA LEDICIA COSTAS
A escritora Ledicia Costas veu a presentarnos o seu novo libro:"Escarlatina, a cociñeira defunta". Que foi premio premio Merlín da literatura infantil 2014.
CONTACONTOS
Co motivo da semana cultural que se celebrou no IES Félix Muriel, algúns alumnos do instituto viñeron ata a nosa escola para contarnos contos. Algúns deles eran ex alumnos deste centro, víaselles moi emocionados por volver!!! Nós agradecemos que veñan máis veces.!!!
Subscrever:
Mensagens (Atom)