17/12/2014
NOVIDADES LITERARIAS
Un ano máis achegámonos ao auditorio para presentar unhas recomendacións de lectura para agallasar nestas datas. Para iso cada cole do concello xunto coa biblioteca municipal prepara unha pequena actuación facendo alusión a un libro. Deixamos unha pequena mostra.
15/12/2014
TRÍPTICO DE NADAL.
Powered by
Issuu
Publish for Free
10/12/2014
TEMPO DE ACIVROS TEMPO DE LIBROS
05/11/2014
SAMAÍN
Hoxe a Bruxa Maruxa contounos un conto na biblioteca q se titulaba Samaín. O seu protagonista era Fermín que tiña un problema... Que medo pasamos!!!!!
Cando saímos pola porta, a Bruxa Maruxa, botounos unha pócema para que puidésemos dormir ben!!!
30/10/2014
20/03/2014
18/03/2014
Visita de Anxo Moure
Os nenas e nenos de Ed. Infantil e 1º de Primaria recibiron o venres 14 de Marzo a a Anxo Moure, que veu coa súa serea do río, A Xacia Luviña.
Contounos a través das súas palabras, o coidado e amor que debemos ter cara o río, as árbores, a natureza... Pasámolo moi ben!! pareceunos unha persoa moi divertida!!
21/02/2014
EXPOSICIÓN DE CÓMIC
Queremos agradecervos a todos a vosa colaboración para a montaxe da exposición de cómic. Recibimos unha grande cantidade de exemplares!!!; novos, antigos...e de estilos diferentes. Aínda estades a tempo se queredes traer algún que teñades por casa.
Agora estamos decorando o espacio, e todos podedes participar facendo as vosas suxerencias e debuxos. Nos recreos teredes á vosa disposición materiais para poder facer os voso propios cómics, así que animádevos a vir!!
Se queredes pasar a visitar a mostra coas familias e podedes facelo todas as tardes de 16:00 a 18:00.
E...estade moi atentos ao blogue da biblioteca, porque imos ir colgando recursos e materiais para traballar o cómic de xeito divertido, na escola e tamén na casa. aquí tedes uns cantos recursos nos que poderedes crear o voso propio comic, personaxes, escenarios, bocadillos, textos...
PIXTON
COMIC MASTER
HEROE MACHINE

Subscrever:
Mensagens (Atom)