06/10/2017

Achégase o Samaín...

Sabedes que o Samaín é unha festividade de orixe celta?

Esta data tan sinalada, da noite do 31 de outubro ó 1 de novembro, dedicábase a celebrar o fin da tempada de colleitas e o comezo da "estación escura", onde os días ían ser máis curtos e as noites máis longas. Para eles, os celtas, era como celebrar o "comezo dun ano novo". Pois o Samaín non é o mesmo que a festa de Halloween, a cal veu dende Estados Unidos e copiamos na nosa cultura actual.

Aínda así, as dúas teñen algo en común: esa noite tenebrosa, os espíritos dos mortos volvían a visitar o mundo dos mortais.


A celebración do Samaín descubriuna un mestre chamado Rafael López Loureiro, ó percatarse e comprobar que existía por toda Galicia. Veredes:

- En Quiroga (Lugo), tiñan a tradición de tallar e secar as cabazas, conservándoas ata o entroido para empregalas como máscaras.
- En Ribadavia (Ourense), a festa do Samaín chámase "A noite meiga", onde toda a vila énchese de pantasmas, meigas, vampiros...
- Na Coruña, os rapaces escondían cabazas con velas dentro nos camiños, e as nenas, facían colares de castañas para escorrentar ós espíritos.

E nós, como tamén imos celebrar o Samaín, temos xa dispoñible na biblioteca os novos libros dedicados a ela. Vide botar un ollo!!



Sem comentários: