28/12/2010

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Este ano queremos compartir con tod@s as propostas de lectura confeccionadas pola maioría das bibliotecas escolares do noso concello e a biblioteca pública municipal. Son unhas recomendacións que mostran o noso compromiso conxunto coa lectura desde a infancia á idade adulta.
Desexámosvos felices festas e felices lecturas en familia.

20/12/2010

TOC, TOC...

- TOC, TOC, pódese?
É o que nos di este personaxe que chega no Nadal para quedarse con nós. Trátase do Apalpador: un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón durante todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre o Apalpador fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón... Non ten nadiña que envexar a Papa Noel ou aos Reis!!!
Se queredes saber máis, na Biblioteca atoparedes axiña o libro "Antón e o apalpador". E ademais abride ben os ollos porque o Apalpador espéravos tódolos días na entrada do cole. Nos vos esquezades de darlle os bos días!!