28/04/2010

La Fantasía de las Muñecas

Esta é a historia coa que Ismael e Manuel participaron no Certame Literario.Quixeron contárnola a todos e ata sacaron a unha espectadora a bailar.

24/04/2010

Semana importante na biblioteca

Durante esta semana a nosa biblioteca estivo chea de actividade. Durante todos os recreos tivemos un obradoiro de caraveis ao que nunca lle faltaron participantes. Tamén celebramos o II Certame Literario no que, seguindo coa nosa tradición, todos os participantes tiveron uns agasallos. E como remate repartíronse os caraveis entre todas as persoas do centro.

20/04/2010

23 de Abril Día do Libro

Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.
Elixiuse o 23 de abril para a súa celebración porque coincide co falecemento de dous escritores universais, MIGUEL DE CERVANTES e WILLIAM SHAKESPEARE.
Cada ano unha cidade do mundo convértese na capital mundial do libro. No 2010 será Ljubljana que está en Eslovenia.
Este é o cartel deseñado este ano para a celebración deste día; está escrito en Francés e Inglés.



14/04/2010

Mariluz Avestruz

Estrela narrounos a historia de Mariluz, unha avestruz da sabana africana que pola noite, non dorme como os demais avestruces. Este costume vai ocasionarlle problemas e ensinaralle que o máis importante non é o aspecto físico...





11/04/2010

Croco


Ana e Clara contáronnos esta historia.

Croco morría de fame, pero mamá crocodila tiña que vixiar o niño. No niño había un ovo e no ovo… un irmán. Croco marchou disposto a cazar só, pero aínda era algo pequeno e non estaba afeito a ter que buscar a súa merenda.